"Castros de interior: a Idade do Ferro do NO peninsular a través do exemplo limiao" é un encontro organizado polo Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo-Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (LAUV-GEAAT), a celebrar en Xinzo de Limia (Ourense) do 13 ó 16 de xuño, que permitirá paliar en parte o déficit de coñecemento vencellado á Cultura Castrexa lonxe do litoral.
Mediante o desenvolvemento e exposición dunha temática de especial interese nos nosos tempos, como é o da cultura castrexa, exemplificada a través dos estudios realizados na comarca da Limia e zonas próximas de Ourense, norte de Portugal, Zamora e Asturias; tentaremos ofrecer ós universitarios, docentes e público en xeral un marco de encontro e formación no que poidan profundizar sobre o coñecemento histórico, especialmente aquel que amosa as súas propias raíces locais.
Agradecemos a máxima difusión. Moitas graciasPrograma e inscrición:
http://vicou.uvigo.es/images/vicou/eu_cursos/cursosveran2011/Triptico_2011552.pdf
+ info: http://lauv-web.blogspot.com/
Martín Xosé Vázquez Mato
Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo
Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio